Non os votes: Bótaos

Dende fai algúns días, e con mais forza dende onte, naceu en Twitter a iniciativa NoLesVotes.com. Esta iniciativa prentende acabar co bipartidismo existente neste país. A dualidade PP/PSOE que nos leva gobernando dende o inicio desta democracia.

Por qué? Bueno, penso sinceramente que sobran os motivos. En concreto a iniciativa xurde dende a aprobación da lei Sinde cos votos dos dous grandes partidos e de CiU.

Animo a todo o mundo a que se una, participe, propoña, e sobre todo FAGA. O grupo de coordinación para Galicia é este, así mesmo tamén hai un estatal e outros moitos por municipios/provincias que se poden atopar aqui.

Eu pola miña parte levarei a cabo a miña particular pegada de carteis polo campus. 😉

Saúde.

O aquarius de limón

Fai xa algún tempo que cando vou pedir un aquarius normal a unha cafetería me sinto incómodo, incluso nervioso, ante a dúbida de se o camareiro me preguntará se o quero de limón ou de laranxa. Esta inquietude xurdiu tras ler un post que penetrou na miña mente como a máis radical das ideas: “O que eu quero é un aquarius normal, o de limón probablemente non o teñas!”. Pero, por educación supoño, agacho a cabeza e pídoo de limón, sabendo que me van traer un normal.

viñeta_aquarius

Nas procuras que fixen ata o día de hoxe, non conseguín encontrar á venda o verdadeiro aquarius de limón, pero si sei da súa existencia, por testemuños persoais e por algunha que outra imaxe atopada pola rede. Ademais, na web de Cocacola, mencionan a existencia do “Aquarius lemon”, pero non hai ningunha imaxe que o corrobore.

Está claro que este debate pode ser considerado moi serio, unha estupidez ou unha simple anécdota, pero o problema existe, e non descarto iniciar algún tipo de campaña neste sentido.

Por último anímote a subscribirte ó RSS do blog, para estar informado desta e outras cuestións de interese nacional que nos afectan no noso día a día nas cafeterías deste país.

E ti, que aquarius bebes?

Ola mundo

Ola mundo! que tal?

Esta é a primeira entrada de proba en Cafetasblog. Este blog nace por dous motivos: ofrecer ó seu creador un espacio onde expresar as súas inquietudes e poder censurar todas as opinión que non lle gusten, e poder expresar públicamente a súa indignación ante que o aquarius normal sexa considerado de limón. Seguindo esa liña publicaranse sucesivos post tratando temas relacionados coas anécdotas e historias que pasan nunha cafetería.

Un saúdo.

Luis.