Fai xa algún tempo que cando vou pedir un aquarius normal a unha cafetería me sinto incómodo, incluso nervioso, ante a dúbida de se o camareiro me preguntará se o quero de limón ou de laranxa. Esta inquietude xurdiu tras ler un post que penetrou na miña mente como a máis radical das ideas: “O que eu quero é un aquarius normal, o de limón probablemente non o teñas!”. Pero, por educación supoño, agacho a cabeza e pídoo de limón, sabendo que me van traer un normal.

viñeta_aquarius

Nas procuras que fixen ata o día de hoxe, non conseguín encontrar á venda o verdadeiro aquarius de limón, pero si sei da súa existencia, por testemuños persoais e por algunha que outra imaxe atopada pola rede. Ademais, na web de Cocacola, mencionan a existencia do “Aquarius lemon”, pero non hai ningunha imaxe que o corrobore.

Está claro que este debate pode ser considerado moi serio, unha estupidez ou unha simple anécdota, pero o problema existe, e non descarto iniciar algún tipo de campaña neste sentido.

Por último anímote a subscribirte ó RSS do blog, para estar informado desta e outras cuestións de interese nacional que nos afectan no noso día a día nas cafeterías deste país.

E ti, que aquarius bebes?

Advertisements